CulturaIr a esta sección

ESCOLA DE MÚSICA MODERNA

Sede Social: Edificio Comarcal da Paradanta. Pranta Baixa. Estrada do Vieiro  Tel. de contacto: 657 878 975.

e-mail: escolamusicacaniza@gmail.com

A Escola de Música Moderna de A Cañiza divídese en dúas áreas:

-Escola Infantil de Música. Comeza a traballar con nenos-as a partir dos tres anos. Mediante cancións infantís os pequen@s traballan técnica vocal, respiración e proxección de voz, entoación de distintos intervalos, movemento, coordinación e psicomotricidade.

-Escola de Música Moderna. Aquí todo o mundo terá a oportunidade de poder estudar e gozar da música. Mediante os sistemas de estudos, se lle proporciona aos alumnos-as distintas opcións para estudar música. Dende os sistemas máis profesionais que completen a súa formación como músico e instrumentista de xeito progresivo, ata sistemas máis libres onde o alumno-a pode impoñer o seu ritmo de traballo e escoller as materias que desexe estudar.

Especialidades instrumentais: Batería, Baixo Eléctrico, Guitarra Eléctrica,Piano / Teclados

ESCOLA DE MUSICA MODERNA DA CAÑIZA

 

ESCOLA INFANTIL DE MÚSICA

A Escola infantil de música comeza a traballar con nenos-as a partir de tres anos.

Mediante cancións infantís os nenos-as traballan técnica vocal, respiración e proxección de voz, entoación de distintos intervalos, movemento , coordinación e psicomotricidade.

A instrumentación é tamén outro aspecto fundamental para unha boa formación musical, así que dende o primeiro curso de infantil xa traballan a instrumentación mediante improvisacións e acompañamentos para interiorizar o ritmo e afianzar a pulsación, algo que servirá para que nos seguintes cursos os nenos-as  poidan estudar instrumentos básicos como piano e percusión.

Traballan tamén a linguaxe músical a través dun método infantil adaptado aos nenos-as. 

Estrutura da Escola infantil de música:

Divídese en catro cursos nos que se traballa progresivamente os conceptos anteriormente citados.

1ºCurso  : Nenos-as de tres/catro anos

2º Curso:  Nenos-as de catro/ cinco anos

3º Curso:  Nenos-as de cinco/seis anos

4º Curso:  Nenos-as de seis/ sete ou oito  anos

 

ESCOLA DE MÚSICA MODERNA

Aquí todo o mundo terá a oportunidade de poder estudar e gozar da música. Mediante os sistemas de estudos, se lle proporciona aos alumnos-as distintas opcións para estudar música. Dende os sistemas máis profesionais que completen a súa formación como músico e instrumentista de xeito progresivo, ata sistemas máis libres onde o alumno-a pode impoñer o seu ritmo de traballo e escoller as materias que desexe estudar.

Especialidades instrumentais:

Batería

Baixo Eléctrico

Guitarra Eléctrica

Piano / Teclados

 

Estrutura da escola de Música Moderna da Cañiza:

A estrutura da escola divídese en cinco opcións de libre elección do alumno-a.:

Sistema Profesional :contén todas as materias (nove cursos), necesarias para unha formación completa como músico e instrumentista.Os alumnos-asserán examinados trimestralmente e terán que realizar o exame final a fin de curso para poder obter as titulacións con recoñecemento europeo que proporciona este prestixioso programa de exames.

2º  Sistema Flexible: Este sistema está pensado para alumnos-as que por diversos motivos non poidan cursasr todas as materias. De todos os xeitos os alumnos-as Terán que cursar un mínimo etablecido de materias para poder presentarse aos exames trimestrais e aos exames finais de Rockschool, obtendo as titulacións con recoñecemento europeo.

3º  Sistema Libre: Neste sistema , os alumnos-as poden elixir o instrumento e as materias complementarias que queren estudar sen seguir os criterios de avaliación esixidos nos sistemas profesional e flexible.

Clases Particulares: Nesta opción desenvólvese un programa personalizado, sen ter que estudar materias complementarias. Neste sistema os alumnos-as non teñen exames.

Materias complementarias:Neste caso o alumno-a elixe sen necesidade de estudar instrumento as materias complementarias que desexe estudar.

 

CALENDARIO ESCOLAR

As aulas comezan en setembro e finalizan o 31 de xullo coa realización dos exames de Rockschool realizados por examinadores especializados que se desprazan dende Londres.

Seguirase o calendario escolar nos períodos non lectivos e festivos.

As aulas realízanse principalmente en horario de tarde de 16 a 22 h.de luns a venres e sábados pola mañá de 10 a 14 h.

A dirección e coordinación da escola é responsabilidade de Augusto Fernández Rodríguez.

compartir