CulturaIr a esta sección

EDIFICIO MULTIUSOS DE A CAÑIZA

O CONCELLO DA CAÑIZA INAUGUROU O 27 DE MARZO DE 2011 As INSTALACIÓNS DO EDIFICIO MULTIUSOS QUE ACOLLE A  BIBLIOTECA MUNICIPAL E O CENTRO XUVENIL DE LECER.

O Edificio situado en pleno casco urbano, ten a súa dirección na rúa Progreso 21 e nel están situados tamén o Centro de Formación Ocupacional homologado da Cañiza e o Centro de Día para maiores "Anxo".

   


O Edificio Multiusos foi concibido para dar resposta a numerosas demandas procedentes de diversos sectores veciñais do municipio. Por unha banda a biblioteca municipal, que se atopaba situada na planta baixa da Casa Consistorial, quedouse pequena para albergar o número de volumes que conformaba o seu fondo bibliográfico e os numerosos servizos de préstamo e consulta informática. Doutra banda era necesario contar na Cañiza cun Centro de Formación Ocupacional homologado para poder impartir cursos de especialización profesional para desempleados. Os mozos tamén demandaban un espazo propio de lecer e esparcimento, onde ademais puidesen reunirse e crear a súa propia sé social. E para rematar algúns dos nosos maiores necesitaban un centro de atención diurna onde puidesen descansar e ser atendidos.

Todas estas demandas tivéronse en conta á hora de concibir, deseñar e construír o Centro. Ademais o Concello da Cañiza contaba co terreo adecuado para esta construción. Un solar en pleno casco urbano, de fácil acceso e coa orientación idónea para poder sacar o máximo rendemento á obra. Así pois a construción comezou a principios do ano 2009.

A edificación conta cunha superficie total construída de 1.916,78 m2, distribuídos en baixo e tres plantas. Ademais conta con múltiples e amplas terrazas en todas as súas fachadas e unha pista deportiva á que se accede tanto desde o interior da terceira planta como desde o exterior do edificio.

De construción moderna, o edificio combina as fachadas negras con amplas ventás acristaladas concibidos para aproveitar a magnífica orientación do terreo que permite gozar de luz natural durante todo o día. Esta disposición tamén se tivo en conta para que a edificación puidese sacar o máximo aprovechamiento enerxético e térmico xa que a luz solar permite caldear as instalacións en varios grados contendo, deste xeito, o gasto enerxético.
 


O 28 de marzo de 2011, luns, puxéronse en funcionamento a segunda e terceira planta que acollen a nova biblioteca municipal e o centro xuvenil de lecer respectivamente.


A Biblioteca Municipal manterá o seu horario de apertura que será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Os sábados abrirá únicamente pola mañá de 10:00 a 14:00 horas. O novo número de teléfono de atención ao público é o 986 663 069.

A dirección de correo electrónico segue sendo acaniza@rbgalicia.org.

Desde esta dirección de correo respóndese a calquera consulta do usuario. Só é necesario reflectir nome, e-mail e o obxecto da consulta e inmediatamente son atendidos. Os socios da biblioteca que teñen hotmail seguen recibindo mensaxes de aviso de novidades, requerimientos de devoluciones de libros atrasados ou información de actividades que poidan resultar de interese.


A nova instalación, cunha superficie de 400 m2, abre con todo o mobiliario renovado e adaptado ás necesidades do servizo.

Ampla e funcional, a biblioteca conta con 24 postos de estudo personalizados, con 8 postos informáticos para consultas didácticas e acceso a Internet gratuito. Dispón ademais dunha zona para ordenadores portátiles e dunha coqueta área de estudo infantil acristalada e dotada de mobiliario adaptado para os máis pequenos.


A biblioteca tamén conta coa colección de "Grandes autores e grandes obras" cun total de 50 cds e está integrada dentro do Proxecto MEIGA, proxecto a través do cal pódense consultar os fondos da biblioteca, reservar exemplares de calquera biblioteca que estea integrada na rede do proxecto Meiga, consultar novidades no catálogo, solicitar o carnet, aportar suxestións e participar no foro de opinións. Todo iso está ao alcance do usuario da biblioteca na páxina web www.opacmeiga@rbgalicia.org.


O 28 de marzo de 2011 tamén se inaugurou o Centro Xuvenil de Lecer.

A planta alta da edificación concibiuse para albergar o Centro Xuvenil de Lecer que conta tamén cunha superficie útil de 400 m2, varias terrazas e saída ao exterior á zona deportiva. A planta está estructurada en tres áreas de esparcimiento diferenciadas:


área de billares, futbolines e mesas de ping-pong;
área de xogos de mesa e
área multimedia con acceso a internet gratuito dotada de 6 postos informáticos.

Do mesmo xeito que a biblioteca, o centro de lecer ha ter unha enorme acolleita entre os máis novos. O horario de apertura é de 16:30 a 20:30 horas de martes a domingos. Os luns permanecerá pechado.


Centro de Formación ocupacional e Centro de Día

Na primeira planta, cunha superficie útil construída de 550 m2, está situado o Centro de Formación Ocupacional, homologado en decembro de 2.010 con tres especialidades formativas: empregado de oficina, aplicacións informáticas de xestión e inglés de atención ao público.
Estes cursos están orientados preferentemente a veciños e veciñas en situación de desemprego.


O centro tamén acolle os cursos integrados dentro do programa Actívate que financia a Diputación de Pontevedra. Os interesados en ampliar información sobre estes cursos, poden poñerse en contacto co técnico de desenvolvemento local nas oficinas xerais do Concello da Cañiza.


CENTRO DE DÍA ANXO.

O Centro de Día para maiores, con capacidade para 50 usuarios, está situado na planta baixa por razóns obvias de accesibilidade e mobilidade. É unha das plantas de maior superficie con 600 m2 útiles distribuídos en varios espazos totalmente adaptados ás necesidades deste tipo de centros.


De titularidad municipal, en xaneiro de 2014 o Concello adxudicou a concesión do local ao Centro de Día Anxo S.L. por un período de 25 anos.

As persoas interesadas en obter información sobre a prestación deste servizo, horarios e prezos, poden dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais Básicos Comuniatios do Concello situadas na planta baixa da Casa Consistorial ou chamar ao propio centro:

Teléfono: 986 652 451.

E-mail: centrodiaanxo@gmail.com.

As solicitudes de ingreso presentaranse no rexistro do Concello acompañadas da documentación necesaria que será revisada e entregada á empresa quen se poñerá en contacto co usuario para concretar a prestación do servizo.

O custo da praza é privado, pero aquelas persoas que teñan recoñecido algún grado de dependencia segundo a Lei 39/2006 do 14/12/2006 de Promoción dá Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, poderán solicitar a libranza económica vinculada á adquisición deste servizo de atención diurna.

O horario de apertura das dependencias será de luns a venres de 8h00 da mañá a 20h00 en xornada completa, parcial, por horas ou por días alternos, dependendo das necesidades do usuario, destacando que a xornada mínima será de dúas horas durante dous días á semana.

Ademais dos servizos básicos, o Centro de Día Anxo, S.L. asume este proxecto coa intención de traballar prestando unha especial atención á enfermidade de Alzheimer, poñendo en marcha os talleres de memoria, a preparación en gimnasio e outras ofertas complementarias de cara a que os usuarios poidan ir recuperando parte da súa independencia.

O procedemento de xestión do Centro así como a normativa do servizo foron aprobadas polo Pleno do Concello celebrado o 23 de decembro de 2014.

Entra no Facebook do Centro de Día

compartir