CulturaIr a esta sección

CORAL POLIFÓNICA DE A CAÑIZA

20 ANIVERSARIO da Coral Polifónica de A Cañiza. 1994 & 2014.

A Coral Polifónica de A Cañiza celebrou o 9 de agosto de 2014 o seu 20 Aniversario nunha Gala especial que contou coa presenza das Corais Queixumes do Hio de Cangas e a Coral Asociación Amigos da Música de Verín. Nesta celebración a Coral repasou a súa traxectoria coa proxección dun video no que se recordaron a todos os amig@s que formaron parte dela así como aos seus directores. O Concello de A Cañiza felicita a todos os membros da Coral pola súa labor en prol da nosa música durante estas dúas décadas.

 

A Coral Polifónica de A Cañiza fundouse no ano 1994 por iniciativa do Concello, alá polo mes de novembro. Por aquel entonces existía unha forte inquietude musical entre un selecto número de veciños do Concello i en vista desta implicación e participación, dende o Consistorio, considerouse que o proxecto podería chegar a ter unha boa traxectoria no tempo.

María del Pilar Antonio Gómez, máis coñecida na nosa Vila como Maripi, concelleira de cultura naquel entonces, tomou a batuta e comezou por ter unha xuntanza con aqueles veciñ@s que estaban interesados no canto. Ela foi unha das primeiras en anotarse para formar parte desta agrupación.

Naqueles primeiros anos a Coral de A Cañiza estivo dirixida por Don Mario Grimaldos Jiménez, Director que se encargou da presentación oficial da formación. Nesta posta de largo a Coral foi apadriñada pola Coral de As Neves.

Dende aquela e ata hoxe foron varios os directores que pasaron por ela e que a acompañaron na súa xira polos distintos lugares de Galicia, Lisboa, Madrid e Valladolid onde actuaron con grande éxito.  Valentina Dolisnea, Enrique García Vall e finalmente Jorge Fernández González foron os sucesivos directores da agrupación cañicense.

A Coral Polifónica de A Cañiza acadou por norma non participar en concursos con dotación económica xa que non están interesados en galardóns nin en presentarse a concursos nin certames con premios.

O seu obxectivo é outro: ilusionar a quen os escoita e facer disfrutar ao seu público coas súas cancións. Esta é a súa motivación. Conseguir transmitir a súa paixón pola música.

Neste momento a formación coral conta con 37 integrantes. 24 mulleres e 12 voces masculinas.

Como anecdotario dos seus recordos, os membros da Coral gostan de contar un suceso que aconteceu o día da súa presentación oficial:

    "... naquel mes de novembro do ano 1.994 so tiñan 4 obras preparadas xa que non levaban moito tempo ensaiando e cando remataron o seu concerto o público, encantado co que escoitaran, quería una canción máis. Aseguran os que o recordan que nese intre non sabían como sair do apuro ata que un avispado espectador lles dixo "se non sabedes outra, repetide unha", despois das risas  así o fixeron. O aplauso abarrotou o escenario  e a sensación da primeira actuación non puido ser máis emocionante..:"

No seu repertorio a peza máis interpretada e destacada é "Nocturnio de T. Olds e a máis complicada para todos eles é Miña Galicia de Manuel Cambeiro. Ata o momento contan cun CD e esperan gravar un DVD nun futuro non moi lonxano.

A formación está subvencionada coas aportacións ordinarias e extras dos seus compoñentes, coas cuotas dos 300 socios e coa aportación anual do Concello de  A Cañiza.

O seu gran reto segue sendo captar o interese e integrar na formación a xente nova e  aos moz@s da Vila, todavía reacios a formar parte deste tipo de agrupacións.

 O seu Director Jorge Fernández González naceu en Tomiño no ano 1.975. Iniciouse na música aos 7 anos na xa desaparecida Escola de Música Municipal de Tomiño e o seu primeiro mestre foi o clarinetista e director Manuel Martínez Tejido que lle inculcou os seus primeiros coñecementos de música e clarinete. Aos 10 anos comezou oficialmente os seus estudios no Conservatorio Superior de Música de Vigo finalizandoos no Conservatorio Superior da Real Sociedade Económica de Amigos do Pais de Santiago de Compostela. Titulouse en Solfexo, Teoría da Múscia, Transposición, Acompañamento e Piano. Realizou estudos complementario de clarinete e dende o ano 1990 pasou a formar parte da Banda de Música Unión Musical de Mougás en Oia na que ocupa o posto de clarinete principal e solista.

Cursou estudos de violín coa prestixiosa violinista Natalia Zoltan de Letonia e recibiu clases maxistrais de piano e interpretación coa virtuosa pianista Rosa Jakutyte- Biveiniené de Rusia. Foi un dos mestres fundadores da Escola de Música da Banda Unión Musical de Mougás, onde imparte Solfexo. Tamén foi mestre de música noutras escolas da zona.

No mundo da coral entrou da man de Don Enrique García Vall, compositor,  director e fundador de renomeadas agrupacións corais.

Dende abril do ano 2.009 compaxina a dirección da Coral Polifónica de A Cañiza coa batuta do Coro "Ecos do Folón" de Fornelos en O Rosal do que é o seu director e fundador.

compartir