CulturaIr a esta sección

AULA DE TEATRO

O Concello de A Cañiza estreou o 30 de outubro de 2006 a súa Aula de Teatro dirixida a todos os públicos sen límite de idade.

As clases impártense os venres de 19h00 a 21h00 nas instalacións da Casa de Cultura da Vila, en distintos horarios atendendo ás idades dos alumnos.

Todas as persoas interesadas en participar ou ampliar información poden dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do concello de A Cañiza, no 1º andar da Casa de Cultura de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas ou chamando ao teléfono 986 652132

 

 

Cultura

Aula de Teatro Municipal

Casa da Cultura de A Cañiza

Rúa Progreso, s/n – 1º andar

36880 A CAÑIZA

 

CONTIDOS DAS CLASES:

  • O xogo dramático
  • O espacio, o tempo, o ritmo e a enerxía
  • A música como elemento indisociábel do teatro.
  • Atención distributiva
  • Expresión corporal, voz, traballo do abstracto e o concreto.
  • Aprendizaxe de roles
  • O Conflicto, a improvisación
  • E a linguaxe do teatro...

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO CULTURAL.

O Aula pretende achegar ás persoas de diferentes idades ao xogo teatral, xa que o teatro antes que texto dramático e espectáculo, é un xogo no que alumnos e profesores forman un mesmo equipo, lonxe da tradicional e xerárquica relación profesor-alumno e este xogo non é outra cousa que un progresivo descobremento e toma de conciencia de elementos e realidades que sempre están presentes.

            Para os profesores do Aula de Teatro de A Cañiza estes elementos atópanse latentes, adormecidos e o traballo da aula de teatro é espertalos, coñecelos e interactuar con  eles a través de xogos e exercicios e por último dominalos. Este dominio vai permitir poder moldealos e direccionalos ao gusto de cada un ou ben ao servicio duns parámetros establecidos polo profesor e o director.

             Trátase, en definitiva, dunha viaxe a través dun mesmo e a través dos elementos circundantes, reencontrándose coa propia voz, o propio corpo, o espacio, o tempo e sobre todo reencontrándose cos demais, os compañeiros de xogo.

            Todo este proceso desenvólvese a través de diferentes xogos de relaxación, respiración, percepción, concentración, psicomotrices, expresión, improvisación e representación. Tamén a través de exercicios técnicos, entrenamento corporal e vocal, un estudo básico da estructura teatral e finalmente posta en escea dun breve espectáculo.

compartir