Axenda - OcioIr a esta sección

OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO
Data: 12 de novembro de 2018

Os días 26,27, 28 de decembro e  de 10.00 a 13.00 horas, e o día 3 de xaneiro de 10.00 a 14.00 horas, este obradoiro realizarase na Casa de Cultura da Cañiza.

Programa Tecendo Lazos 2018 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver nos meses de decembro e xaneiro o obradoiro interxeneracional: “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”.
Neste obradoiro as familias realizarán actividades con dinámicas e exercicios de risoterapia. Con este obradoiro perséguese mellorar o estado xeral dos asistentes, mellorando o seu estado de ánimo e favorecendo as súas condicións físicas.
O obradoiro desenvolverase nos meses de decembro e xaneiro, cunha duración total de 16 horas.
As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Os días 26,27, 28 de decembro, e  de 10.00 a 13.00 horas, e o día 3 de xaneiro de 10.00 a 14.00 horas, este obradoiro realizarase na Casa de Cultura da Cañiza.

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións na Biblioteca Municipal da Cañiza. Edificio Multiusos.

 

 

compartir

axenda