Axenda - OcioIr a esta sección

Taller de Manualidades Preparando o Nadal 2018
Dende: 02 de decembro de 2018
Ata: 16 de decembro de 2018

Neste ano crearemos xabóns naturais con motivos navideños

Os domingos 2 e 16 de decembro de 2018, polas tardes

este ano na CASA DO CONCELLO

O Concello pon en marcha o Taller “Preparando o Nadal en familia 2018”

 

O Alcalde, Miguel Domínguez e a Concelleira de Benestar Social, Ana Cerviño, presentaron este novo Taller que ten como principal obxectivo divertirse en familia, preparando e creando nesta ocasión xabóns naturais con motivos navideños

 

Este proxecto creativo, organizado e dirixido desde a Concellería de Servizos Sociais e Cultura consta de dous talleres de manualidades nos que poderán participar toda a familia, sen límites de idade nin límite de prazas e ademais será totalmente gratuíto.

Impartirase os domingos 2 e 16 de decembro en horario de tarde, nesta ocasión na CASA DO CONCELLO.

Con estos talleres familiares dende o Concello queremos apostar pola conciliación familiar e o divertimento, creando ademáis fermosas pastillas de xabóns con aires navideños.

Nos anos anteriores o taller decantouse polas decoracións navideñas e foron as ideas e suxestións dos nenos, novos, adultos e maiores  as que conseguiron crear un entrañable ambiente de Nadal. Este é o obxectivo que queremos acadar un ano máis.

As persoas interesadas poden anotarse na Biblioteca da Cañiza ou tamén na dirección de correo electrónico info@caniza.org,

compartir

axenda