Exame: 16 de novembro de 2020 no Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza.
Curso preparatorio inminente
CODIX 2020
O Concello da Cañiza oferta este curso gratuíto de informática para preparar o exame de CODIX que se vai realizar na nosa Aula Cemit (1ª planta da Casa de Cultura) o luns 16 de novembro. O CODIX é o certificado de competencias dixitais en ofimática. Este título tense en conta para os procesos de selección na administración pública e tamén na empresa privada. Apúntate na Biblioteca municipal. Prazas limitadas. Comezo inminente.