Axenda - OcioIr a esta sección

Concurso de Fotografía Outono 2020
Data: 30 de outubro de 2020

"Encantos das nosas Parroquias"

Data límite para entregar as fotografías: 30 de outubro de 2020.

Consulta aquí as Bases e os premios.

 

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

“ENCANTOS DAS NOSAS PARROQUIAS”

CONCELLO DA CAÑIZA

 

 

B A S E S

REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CERTAME FOTOGRÁFICO “ENCANTOS DAS NOSAS PARROQUIAS”, QUE SE CONVOQUEN POLO CONCELLO DA CAÑIZA.

EXPEDIENTE 942/2020 :

 

Artigo 1. Obxecto

1. Mediante estas ordenanza establécense as bases reguladoras das concesións que efectúe o Concello da Cañiza para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Premio do Certame Fotográfico organizado por este concello.

2. Este premio é compatible con calquera outra subvención, axuda ou ingreso para a mesma finalidade, procedente de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, nacionais , da Unión Europea ou de Organismos Internacionais.

Artigo 2. Finalidade

1.O premio regulado nesta ordenaza diríxese a promover a cultura, e máis especificamente, a fomentar a creatividade artística.

2. Adicionalmente, o Premio pretende satisfacer as seguintes finalidades:

            a) Fomentar a participación de persoas con inquietudes artísticas.

            b) Dotar ao Concello da Cañiza dun arquivo fotográfico con imaxes do  municipio.

        

Artigo 3. Requisitos dos participantes.

1. Poderá participar no certame calquera persoa física maior de catorce anos, de nacionalidade española ou estranxeira, que cumpra os sguinte requisitos:

            - A obra que se presente ha de ser inédita.

            - A obra non puido ser presentada en ningún outro certame nin ter sido premiada con anterioridade.

Artigo 4. Temática.

A temática das obras de fotografía que se presenten ao Certame Fotográfico “Encantos das nosas parroquias” deberán estar relacionadas con algunha das nove parroquias que compoñen o municipio da Cañiza ( A Cañiza, A Franqueira, As Achas, Luneda, O Couto, Oroso, Parada, Petán, e Valeixe) e facer referencia a un lugar concreto dunha delas, salientando valores naturais, etnográficos, as súas xentes, paisaxes, valores culturais, gastronómicos, ..

Artigo 5. Categorías dos premios

Establécese unha única categoría:

- Mellor foto. A decisión será tomada polo Xurado do Certame.

Artigo 6. Criterios de valoración das obras.

As obras presentadas serán valoradas en base aos seguintes criterios:

            1. Creatividade e orixinalidade da obra.

            2. Calidade e innovación na execución técnica da obra.

            3. Forza expresiva da obra.

Artigo 7. Premios

Establécense 3 premios:

1º Premio: Dotado con 200 € e diploma

2º Premio: Dotado de 150 € e diploma

3º Premio: Dotado de 100 € e diploma

Outorgaranse ás imaxes que resulten ser as máis memorables e impactantes entre todas as  participantes do concurso.

O xurado ademais poderá conceder os accésit que  considere pertinentes.

Artigo 8. Fallo do xurado

O fallo do Xurado farase público o día 06/11/2020, será comunicado aos autores/as galardoados , os cales se comprometen  a asistir ao acto formal da entrega de premios, agás por causas xustificadas, en cuxo caso delegarán nunha persoa que a/o represente.

Artigo 9. Convocatoria do Certame.

1. O procedemento de concesión dos Premios do Certame Fotográfico “Encantos das nosas parroquias” iniciarase de oficio mediante a correspondente convocatoria aprobada por resolución da Alcaldía-Presidencia, tras a tramitación previa do correspondente expediente de gasto con informe da intervención municipal pola contía total máxima fixada na convocatoria.

2. O réxime de concesión será de concorrencia competitiva, no cal a concesión dos premios se realiza mediante a comparación das obras fotográficas presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar os premios a aquelas que obtivesen maior valoración por parte do xurado.

Artigo 10. Proxección e entrega de premios.

Unha selección de 12 fotografías admitidas a concurso serán publicadas no calendario anual elaborado polo propio Concello da    Cañiza onde constará no pé da foto o nome e apelidos da autor/a da mesma.

 A entrega de premios realizarase durante un acto que terá lugar no Salón de Plenos do Concello da Cañiza o día 06/11/2020 ás 12 h.

Artigo 11. Presentación das fotografías.

Cada persoa poderá entregar un máximo de 3 fotografías e unha vez subidas xa non poderá cambiar nin as imaxes, nin os títulos, nin os comentarios.

Os envíos realizaranse a  través de:

  • We Transfer ao correo: cultura@caniza.org,   na mensaxe deberase incluír  “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA”, nome completo, teléfono, dni, e o “nome dos arquivos” das imaxes presentadas e  “título” e “comentarios” de cada unha delas. Indicando sempre con claridade a parroquia e o lugar exacto onde está tomada a fotografía.
  • Ou presentando un pendrive ou dvd/cd, cos seguintes datos “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA”, nome completo, teléfono, dni, e o “nome dos arquivos” das imaxes presentadas e  “título” e “comentarios” de cada unha delas en formato papel. Indicando sempre con claridade a parroquia e o lugar exacto onde está tomada a fotografía. Entregar dentro do prazo sinalado na BPM da Cañiza en horario de 10 a 13 h e de 16.30 a 20 h (de luns a venres) e de 10 a 14 h (sábados),

O nome do arquivo coa imaxe e o título da fotografía son cousas distintas. Para o arquivo podes utilizar calquera nome, mesmo o que veñas empregando no teu fluxo de traballo (exemplo: DSC_001). Porén, o título que lle asignes á fotografía será o que a identifique publicamente se resulta galardoada.

O incumprimento de calquera destas regras de presentación pode invalidar a participación dunha, varias ou todas as fotografías presentadas por unha persoa.

Artigo 12. Composición do xurado e  deliberacións.

1. A valoración das obras fotográficas corresponderá a un xurado que terá a seguinte composición:

 

a) Actuará como presidente o Concelleiro de Cultura.

b) Actuarán como vogais dúas persoas relacionadas profesionalmente coa arte e a fotografía.

c)Actuará como secretario un empregado público do Concello da Cañiza.

 

2. Unha vez avaliadas as obras fotográficas, o xurado deberá emitir o seu fallo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O fallo do xurado será inapelable.

3. As deliberacións do xurado serán secretas e levantarase acta da xuntanza.

4. O xurado resérvase a facultade de interpretar estas bases así como as normas de cada convocatoria, así como de resolver calquera imprevisto.

5. O fallo do xurado publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello da Cañiza.

6. Será causa de abstención do xurado, as establecidas no artigo 23-34 da Lei 40/2015, de 1 de outubro.

7. Ningunha das persoas que conforman o xurado, nin ningunha persoa que garde menos de tres graos de relación de consanguineidade ou parentesco coas persoas membros do xurado poderá resultar gañadora do concurso en cada unha das  súas  categorías.

Sen prexuízo de que poidan presentarse e resultar seleccionadas para a súa exposición ou a súa publicación.

 

Artigo 13. Calendario do proceso do certame.

09-outubro-2020.- Apertura do prazo para remisión de fotografías.

30-outubro-2020 .- Peche do prazo de presentación de fotografías a concurso.

31-outubro-2020 .- Inicio       da clasificación do material recibido.

02-novembro-2020 .- Comezo das xuntanzas do Xurado.

06-novembro-2020 .- Faise público o fallo do Xurado e notifícanse a todos os concursantes.

06-novembro-2020.- Cerimonia de entrega de premios no Salón de Plenos do  Concello da Cañiza ás 12 h.

 

Artigo 14. Outras consideracións técnicas.

No procesado das fotografías admitiranse os axustes propios do revelado dixital (balance de brancos, exposición, niveis, contraste, saturación, enfoque, eliminación do viñeteado...), así como a limpeza de partículas, e recortes moderados. Non se admitirán alteracións nin manipulacións da imaxe ou parte/s da imaxe, que impliquen que a fotografía pase a reflectir unha realidad distinta á fotografada.

As/os autores das fotografías que acaden a fase final das deliberacións do xurado poderáselles solicitar, se resultase necesario, por calquera medio, as aclaracións sobre a imaxe que aquel considere pertinentes. A dirección técnica do certame poderá rexeitar as fotografías que non se axusten a estas bases, temas e categorías. Así mesmo, poderán ser requiridos os arquivos orixinais da cámara (RAW ou JPG), a non presentación dos mesmos poderá supor a descualificación da fotografía.

Das fotografías que obteñan premio ou distinción, a organización resérvase o dereito a realizar as copias que precise para a súa reprodución nas exposicións, proxeccións ou publicacións relacionadas, sen limitación de medios, tempo ou espazo xeográfico, indicándose sempre o nome do autor/a. A organización solicitará unha copia do arquivo coa imaxe premiada coa máxima calidade e tamaño. Sen prexuízo de todo isto, os autores das fotografías continuarán sendo os titulares dos dereitos de explotación das mesmas para calquera uso futuro.

O Certame rexeitará calquera tipo de solicitude que puidera ser realizada con intereses comerciais por terceiras partes tal como cesión, préstamo, explotación, venda, etc. dos datos persoais dos concursantes así como das imaxes presentadas polos mesmos a concurso.

Os participantes deberán ser os únicos titulares dos dereitos de autor das fotografías e responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe.

Os arquivos dixitais non serán devoltos.

Os datos persoais facilitados polos concursantes serán tratados de conformidade ao establecido na  Lei Orgánica 03/2018, de 05 de decembro, de Protección de Datos e garantía dos Dereitos Dixitais , puidendo os mesmos exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

O feito de presentarse a este concurso implica a aceptación de todas e cada unha destas Bases. A Organización poderá resolver calquera caso non previsto nas mesmas.

A organización resérvase o dereito de deixar vacante calquera dos premios do concurso.

 

Artigo 15. Instrucións e consellos.

Este concurso non ten ningún interese comercial nin ánimo de lucro.

A participación no concurso está aberta a calquera persoa indistintamente de que sexa afeccionada ou profesional, sen ningún tipo de limitación nin discriminación en canto á súa procedencia xeográfica ou outras.

Garda o arquivo nativo da cámara (RAW ou JPG orixinal), pode ser requirido pola dirección técnica ou o xurado para a súa exhibición, a fin de ser cotexado co arquivo participante.

Na edición das fotografías non deberán  usarse manipulacións nin retoques dixitais distintos aos permitidos, xa que noutro caso a fotografía podería resultar rexeitada.

Admitiranse as exposicións múltiples, sempre que as mesmas foran rexistradas pola cámara nun único arquivo primario. Sen prexuízo disto, está permitido o emprego de HDR e da técnica de exposición estática/dinámica, aínda que o xurado valorará a necesidade do emprego dos referidos métodos de exposición. Admítese a fotografía panorámica.

Igualmente, admítense imaxes convertidas a escala de grises (B e N) e virados. Non serán admitidas as imaxes con conversións selectivas de partes das mesmas.

Admítense tamén fotografías aéreas, sacadas cun dron.

Utiliza con moderación as ferramentas para o axuste do balance de brancos, a saturación da cor, o contraste, o enfoque, etc… A eliminación do viñeteado está permitida.

Non comprimas as fotografías con Zip, Rar, Sitx, ou similares. Evita nelas os bordes, marcos, sinaturas, marcas de auga, etc.

Comenta a foto e explica a técnica empregada para a súa realización. Sitúaa xeograficamente.

Ten en conta á hora de elixir as fotos coas que vas concursar, que o xurado sempre buscará imaxes que conteñan unha composición meritoria, que representen unha acción singular, que fosen realizadas con rigor técnico e que xeren un notable impacto visual.

 

 

A Cañiza, 07 de outubro de 2020

compartir

axenda