Axenda - OcioIr a esta sección

CATA COMENTADA DE CURADOS E VIÑOS
Data: 14 de agosto de 2018

O martes 14 de agosto ás 19 h00 na rúa Oriente

Este ano contará coa participación de grandes cortadores expertos noutros curados de Denominación de Orixe españolas e portuguesas

Na antesala da Feira do Xamón, o 14 de agosto o Concello organiza a V Cata Comentada de Curados e viños impartida novamente polos profesionais Víctor Burgos e Juan González Arjones.

 

Víctor Burgos, considerado xa como o cortador oficial de Xamón da Cañiza e responsable da dirección do afamado Concurso de cortadores que se celebra paralelo á xornada gastronómica do 15 de agosto será o encargado da parte culinaria e Juan González Arjones, enólogo, adegueiro e viticultor da Adega As Furnias, encargarase de impartir o curso de cata de viño.

Nesta xornada os dous expertos crearán unha exquisita sinerxia entre xamón da Cañiza e viños brancos e tintos das adegas da zona.

A exhibición está aberta a todos os veciños e visitantes que queiran compartir esta xornada connosco e por suposto será gratuíta, pero terán que inscribirse previamente porque o aforamento é limitado.

Pero ademais este ano a Cata de CURADOS contará coa participación de prestixiosos cortadores españois e tamén de Portugal que nos aleccionarán sobre os produtos da súa terra, compartindo así experiencia co xamón da Cañiza.

JUAN BARBEIRO por Extrem Puro Bellota (Estremadura)

LUÍS MIGUEL RODRÍGUEZ BRANCO por IGP Chacina de León

ROBERTO GONZÁLEZ SANTALLA por DOP Teruel

XERMANO SURREIRA: Porco Bísaro & Fumeiro de Montalegre

RAUL FREIRE: Paixón polo Xamón & Galicia. Xamón de Boi

VÍCTOR BURGOS co xamón da Cañiza

Da man destes profesionais aprenderemos do bo corte do xamón, descubriremos os trucos para lograr os mellores liscos e aproveitar ao máximo o produto ademais de coñecer cales son os requisitos que se lle esixen aos mellores cortadores de xamón.

Como broche de ouro elaborarán varios pratos artísticos co mellor produto destas altas terras da Cañiza: o xamón.

Pola súa banda González Arjones nos introducirá nos segredos da cata de viño e tentará facernos comprender e descubrir os viños e variedades da nosa zona e como podemos maridalos co xamón. Ademais nos aleccionará sobre que viño elixir para acompañar ao xamón nas súas distintas variedades culinarias.

Convidámosvos a todos a compartir connosco esta xornada culinaria na que aprenderemos e saborearemos o mellor da nosa terra.

 

compartir

axenda