Concurso de comparsas "Entroido 2020" do Concello da Cañiza.
Domingo 23 de febreiro de 2020
Descarga aquí a folla de inscrición
O vindeiro domingo día 23 de febreiro terá lugar no noso concello o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes
BASES
1) Estas bases regúlanse de conformidade co disposto na normativa sobre subvencións públicas recollida na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento regulador da Lei de Subvención de Galicia.
2) A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos , colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura.
3) O desfile terá lugar o domingo 23 de febreiro ( no caso de inclemencias meteoróloxicas, trasladarase para o vindeiro domingo con bo tempo)
4) Existen unicamente dúas categorías:
-Infantil (ata os 14 anos incluídos)
-Adulto (a partir de 15 anos)Considérase comparsa infantil, aquela que ten un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos).
Todas aquelas comparsas que non cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.
5) As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.
6) O lugar de concentración de todas as comparsas será a Praza Maior da Cañiza.
7) A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16.00 h, de tal xeito que ás 16.30 h todas as presentes sairán en desfile pola ruta fixada pola organización.
8) A inscrición das comparsas farase na B.P.M. da Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21) en horario de luns a venres de10 a 13 h e de 16.30 a 20 h e sábados de 10 a 14 h
9) O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 21 de febreiro ás 13 h.
10) Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías
Comparsas de adultos.-
1º Premio : 500 €
2º Premio : 300 €
3º Premio : 200 €
4º Premio : 150 €
Comparsas infantís.-
1º Premio : 500 €
2º Premio : 300 €
3º Premio : 200 €
4º Premio : 150 €
11) O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 10 € para todas -os participantes que completen o desfile, cun límite máximo de 400 euros independentemente do número total de participantes e cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza.
12) Os premios e as achegas imputaranse orzamentariamente na aplicación 2018.334.480.00 do orzamento do Concello da Cañiza para o exercicio 2019 (prorrogado para o 2020).
13) O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres compoñentes e un máximo de cinco, todas e todos eles serán persoas relacionadas ao mundo das artes ( pintura, música, moda, teatro,…) e que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces ( se son comprados ou feitos a man), a actuación e a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención.
14) A actuación das comparsas participantes terá lugar na rúa Antonio Facorro da Cañiza, no lugar asignado pola organización e realizarase por rigorosa orde de inscrición. O tempo máximo fixado de actuación para cada comparsa será de 4 minutos, puidendo ser penalizadas todas aquelas que se excedan do tempo estipulado.
15) As axudas (10 € / participante) e os premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións.
16) A participación neste concurso leva implícita:
-A aceptación destas bases.
-A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación.
-Non está permitido empregar ningún tipo de artiluxio piroctécnico (bengalas, nitróxeno,petardos,…)
A Cañiza, 21 de xaneiro de 2020
Martín Tenreiro González
Técnico de Cultura