Agenda - OcioIr a esta sección

CARNAVAL 2020. Bases del Concurso de Comparsas
Fecha: 23 de febrero de 2020

Concurso de comparsas "Carnaval 2020" del Ayuntamiento de A Cañiza.

Domingo 23 de febrero de 2020

 

Descarga aquí a folla  de inscrición

 

O vindeiro domingo día 23 de febreiro terá lugar no noso concello o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes

BASES

 

1) Estas bases regúlanse de conformidade co disposto na normativa sobre subvencións públicas recollida na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento regulador da Lei de Subvención de Galicia.

 

2) A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos , colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura.

 

3) O desfile terá lugar o domingo 23 de febreiro ( no caso de inclemencias meteoróloxicas, trasladarase para o vindeiro domingo con bo tempo)

 

4) Existen unicamente dúas categorías:

-Infantil (ata os 14 anos incluídos)

-Adulto (a partir de 15 anos)

Considérase comparsa infantil, aquela que ten un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos). Todas aquelas comparsas que non cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.

 

5)As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.

 

6)O lugar de concentración de todas as comparsas será a Praza Maior da Cañiza.

 

7)A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16.00 h, de tal xeito que ás 16.30 h todas as presentes sairán en desfile pola ruta fixada pola organización.

 

8)A inscrición das comparsas farase na B.P.M. da  Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21)  en horario de luns a venres de10 a 13 h e de 16.30 a 20 h e sábados de 10 a 14 h

 

9)O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 21 de febreiro ás 13 h.

 

10)Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías:

Comparsas de adultos.-

1º Premio :                500 €

2º Premio :                300 €

3º Premio :                200 €

4º Premio :                150 €

 

Comparsas infantís.-

1º Premio :                500 €

2º Premio :                300 €

3º Premio :                200 €

4º Premio :               150 €

 

11)O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 10  € para todas -os participantes que completen o desfile, cun límite máximo de 400 euros independentemente do número total de participantes e cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza.

 

12)Os premios e as achegas imputaranse orzamentariamente na aplicación  2018.334.480.00 do orzamento do Concello da Cañiza para o exercicio 2019 (prorrogado para o 2020).

 

13) O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres compoñentes e un máximo de cinco, todas e todos eles serán persoas relacionadas ao mundo das artes ( pintura, música, moda, teatro,…) e que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces ( se son comprados ou feitos  a man), a actuación e  a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención.

 

14) A actuación das comparsas participantes terá lugar na rúa Antonio Facorro da Cañiza, no lugar asignado pola organización e  realizarase por rigorosa orde de inscrición. O tempo máximo fixado de actuación para cada comparsa será de 4 minutos, puidendo ser penalizadas todas aquelas que se excedan do tempo estipulado.

 

15) As axudas (10 € / participante) e os  premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións.

 

16) A participación neste concurso leva implícita:

-A aceptación destas bases.

-A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación.

-Non está permitido empregar ningún tipo de artiluxio piroctécnico (bengalas, nitróxeno,petardos,…)

 

A Cañiza, 21  de xaneiro de 2020

 

Martín Tenreiro González

Técnico  de Cultura

compartir

agenda