Axenda - OcioIr a esta sección

ENTROIDO 2019. CONCURSO DE COMPARSAS
Data: 03 de marzo de 2019

Domingo, 3 de marzo de 2019

Entra neste enlace para consultar as BASES do Concurso e acceder ao boletín de inscrición das comparsas de adultos e infantís.

Concurso de comparsas Entroido 2019

do Concello da Cañiza

 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN COMPARSA DE ADULTOS

BOLETÍN DE INSCRICIÓN COMPARSA INFANTIL

 

O vindeiro domingo día 3 de marzo terá lugar no noso concello o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes

 

BASES:

 

  1. Estas bases regúlanse de conformidade co disposto na normativa sobre subvencións públicas recollida na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento regulador da Lei de Subvención de Galicia.

 

  1. A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos , colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura.

 

  1. O desfile terá lugar o domingo 3 de marzo.

 

  1. Existen unicamente dúas categorías: 

-Infantil (ata os 14 anos incluídos)

-Adulto (a partir de 15 anos)

Considérase comparsa infantil, aquela que ten un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos). Todas aquelas comparsas que non cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.

 

  1. As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.

 

  1. O lugar de concentración de todas as comparsas será a Carballeira do Cacharado da Cañiza.

 

  1. A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16.30 h., de tal xeito que ás 17 h. todas as presentes sairán en desfile cara ao Pavillón Municipal.

 

  1. A inscrición das comparsas farase na B.P.M. da  Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21)  en horario de luns a venres de10 a 13 h. e de 16.30 a 20 h. e sábados de 10 a 14 h.

 

  1. O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 1 de marzo ás 13 h.

 

  1. Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías:

 

Comparsas de adultos.-

1º Premio :           500 €

2º Premio :           300 €

3º Premio :           200 €

4º Premio :           150 €

 

Comparsas infantís.-

1º Premio :           500 €

2º Premio :           300 €

3º Premio :           200 €

4º Premio :          150 €

 

  1. O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 10  € para todos os participantes que completen o desfile, cun límite máximo de 400 euros independentemente do número total de participantes, e cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza.

 

  1. Os premios e as achegas imputaranse orzamentariamente na aplicación  2018.334.480.00 do orzamento do Concello da Cañiza para o exercicio 2018 (prorrogado para o 2019).

 

  1. O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres compoñentes, que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces ( se son comprados ou feitos  a man), a actuación,  a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención.

 

 

14) A actuación das comparsas participantes terá lugar no Pavillón Municipal da Cañiza e  realizarase por orde de inscrición.

 

15) As axudas (10 € / participante) e os  premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións.

 

16) A participación neste concurso leva implícita:

-A aceptación destas bases.

-A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa, no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación.

-Non está permitido empregar no pavillón ningún tipo de artiluxio piroctécnico (bengalas, nitróxeno,petardos,…)

-Non está permitido o acceso á pista de ningún tipo de vehículo ou  animal.

 

A Cañiza, 31  de xaneiro de 2019

Carlos Rincón Moraña, Concelleiro de Cultura

compartir

axenda