O Concello da Cañiza prepara de xeito gratuíto as probas de competencias clave, que xorden co obxectivo de facilitar o acceso á formación para o emprego das persoas que carecen da ESO ou que, posúan formación académica similar aos estudos primarios .
A convocatoria é anual , normalmente no mes de Maio e consta dos seguintes exames :
Comunicación en Lingua Castelá.
Comunicación en Lingua Galega.
Competencia Matemática.
Comunicación en Lingua Extranxeira: inglés
Unha vez superadas estas probas, as persoas que así o acrediten poderán acceder as actividades formativas con certificado de profesionalidade de nivel 2.